O alcalde muxián cree fundamental «saber o que temos» antes de apreciar o de fóra

La Voz

CARBALLO

07 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O alcalde de Muxía e presidente da Fundación López Abente, Félix Porto, sinala que esta unidade «é un instrumento fundamental para que os rapaces saiban o que temos na casa e así apreciar tamén o de fóra».

Para o rexedor, as riquezas dun pobo van máis aló do material e tanto López Abente como o seu legado literario forman parte dese «patrimonio inmaterial» que non sempre foi o suficientemente recoñecido e qo que non se lle deu «a importancia que ten». De aí, que a Fundación acordase sacar adiante este proxecto, que agora ve a luz ás portas do comezo do curso escolar e que estará a disposición dos docentes tanto de Muxía como de todos os lugares de Galicia que desexen aproveitar o traballo feito por Xan Fernández Carrera.