Fumigación e sulfatación

La Voz

CARBALLO

27 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Díxolle Robert Redford a Demi Moore: «Douche un millón de dólares se te deitas comigo». Ela pensouno e repensouno e consultoullo ao futuro cornudo. E os dous decidiron que si. Isto ocorreu na película Proposición indecente. Un amigo meu, comentándoa, díxome: «Moitos choios se perden por non ter cartos!».

¿A que ven isto? Pois a que case que todos temos un prezo. Ata La muerte tenía un precio e, Por un puñado de dólares, El bueno, el feo y el malo e algún dos nosos políticos son capaces de meter a man no caixón público.

A nosa multi raza é capaz de facer grandes cousas. É campioa do mundo e de Europa en moitas disciplinas deportivas. Somos envexados por todos. Pero! Aí está o pero -que non é o porompom-, que somos campións en corrupción. Vennos de séculos atrás. A nosa multi raza para poder campar e sobrevivir tivo que usar certas mañas, certas picardías de fronte aos poderosos (a nobreza e o clero). De aí os pícaros, de aí a novela picaresca.

Houbo quen loitou contra os poderosos créndose un fidalgo, un cabaleiro, un cabaleiro co seu escudeiro, desfacedor de entuertos, un defensor de princesas, de princesas plebeias... En fin un regalador de altruísmo. Non é que acadase moito nos seus intentos, pero vendeu moitos libros e polo menos grazas ao Cabaleiro da Triste Figura sabemos que existe o altruísmo.

O outro día, o meu amigo Aniceto das Alturas, que ben podía escribir un libro e vender moitos, e se tivese cartos compraría, tamén, moitos libros, díxome: «Mecaghiná! Unha avioneta debería sulfatar e fumigar dende os Pirineos ata o estreito de Xibraltar e acabar con esta maleza, estas ortigas, estes toxos, estas silvas e estes cardos borriqueiros, e plantar políticos novos, así virían os tan desexados brotes verdes. Habíamos de regalos con moito sentido común, con ética, con moral e abonariámolos cun millón de sobredose de honradez e, loxicamente, poriámoslle un pastor eléctrico arredor dos cartos!». José Manuel canedo Aguiar. Carballo

Envía tus cartas a redac.carballo@lavoz.es o a calle Gran Vía, 84, 1º. 15100 Carballo