O verán instálase no Couto

carballo / LA VOZ < / span>

CARBALLO

Os monitores que participarán nos obradoiros e talleres, que se prolongarán ata o 23 de agosto.
Os monitores que participarán nos obradoiros e talleres, que se prolongarán ata o 23 de agosto. x. m. v. v.< / span>

A gateira Cristina Pato tamén participará nas actividades, nas que están inscritos máis de 80 rapaces de entre 3 e 17 anos

21 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Preto dun cento de rapaces de entre 3 e 17 anos gozarán a partir de mañá dunha nova edición da Escola de Verán de O Couto, organizada pola Fundación Eduardo Pondal e a asociación cultural Monte Branco e patrocinada pola Consellería de Medio Ambiente e pola Dirección Xeral de Voluntariado. Nove monitores e dous axudantes, todos eles rapaces de Ponteceso, licenciados ou estudantes universitarios, encargaranse de desenvolver as diferentes actividades que se celebrarán na Casa do Cura e na Casa dos Veciños e que se prolongarán ata o vindeiro 23 de agosto (a festa de fin de curso será o día 25, no Xuncal Pequeno, como é tradicional).

Ademais das sesións de aula, os participantes recibirán numerosas visitas e gozarán de saídas e excursións. Entre os convidados á Escola de Verán do Couto estarán a escritora Beatriz Macea, autora do libro Man, o alemán de Camelle, que impartirá un obradoiro de escrita, e a gaiteira Cristina Pato, que espertará o interese musical nos rapaces. Ademais, os alumnos e os seus pais terán a oportunidade de asistir a un taller de cociña solar e obradoiros de consumo responsable e reciclaxe de roupa.

Os rapaces tamén visitarán o complexo medioambiental de Sogama, unha horta de agricultura ecolóxica en Xornes, e o Pozo da Señora, en Lagares.

actividades da fundación eduardo pondal