Os pequenos literatos de Cee e Cerceda xa teñen os seus premios

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

Os alumnos de Cerceda celebraron as Letras Galegas por adiantado<span lang= es-es >. </span>
Os alumnos de Cerceda celebraron as Letras Galegas por adiantado.

Os concellos recoñeceron o talento de varias decenas de escolares

17 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Son varias as localidades da Costa da Morte que celebran a festa das Letras Galegas promovendo e premiando a creatividade dos máis novos. En Cerceda e Cee xa procederon onte a entregar os galardóns dos seus certames.

Os premios da Primavera das Letras do concello cercedense foron entregados pola concelleira de Cultura, Begoña Rodríguez Rumbo, que aproveitou a xornada matinal para achegarse aos colexios Celso Emilio Ferreiro e O Cruce e asistir tamén aos festivais cos que en ambos casos se adiantaron á celebración oficial das Letras Galegas.

Os galardoados no concurso de postais foron o grupo de 3 e 4 anos do Celso Emilio Ferreiro, Ignacio Espósito Rivero e o grupo de 5 anos dese mesmo centro; os do certame de relatos curtos, Soraya Rodríguez Campos, Miguel Boquete Ferreiro e Nuno Andrade Alonso (en primeira categoría), e Iván Iglesias Iglesias, Martín Regueiro Golán e Marco Bertua Bello (en segunda); e os do concurso Cerceda dá gusto, Ana Muíño e Santiago Regueira, Isabel Casás e Marly Liñares, Soraya Calviño e Ainoa Denis, Patricia Portas e Victoria Caniellas e Paula Gestal e Alba Vázquez.

Os actos en Cerceda proseguiron pola tarde cunha sesión de merenda e contos para os máis cativos na biblioteca da Silva.

Premios en Cee

En Cee tamén se procedeu a facer a entrega dos premios organizados pola Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán. O acto tivo lugar no salón de actos do Concello coa presenza da alcaldesa, Zaira Rodríguez.

No caso do vixésimo segundo concurso literario de achegamento ao libro os gañadores foron Ana Lian Blanco Cerviño, María Rodríguez Quintela e Clara de Ramón Ayala (primeiro, segundo e terceiro ciclo de primaria, respectivamente), e Óscar Areas Fernández e Sofía Trillo Montero (primeiro e segundo ciclo da ESO). Ademais o xurado concedeu accésits a outros dezasete escolares de centros tanto de Cee como dos municipios veciños.

Con respecto ao concurso teatral, que vai xa pola súa décimo cuarta edición, o premio foi para Ainhoa Conde Castro, e no noveno certame de marcapáxinas, para Arantxa Agulleiro Pérez. Nestes dous certames entregáronse outros dous e seis accésits, respectivamente.