As Festiletras lembran o pasado local e a Rosalía

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

Os alumnos lembraron a Rosalía con poemas e música.
Os alumnos lembraron a Rosalía con poemas e música. F. PONDAL< / span>

Os estudantes e os veciños máis veteranos foron os protagonistas dunha nova xornada de actividades no Couto

17 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A aldea do Couto apura as últimas xornadas das súas Festiletras intensificando as actividades que desde o domingo pasado a teñen convertido nunha das capitais culturais do país.

Onte, a choiva volveu a facer acto de presenza e obrigou a facer un novo cambio de plans e de escenario (a Fundación en troques da casa de Pondal), pero non impediu que un grupo de alumnos dos colexios de Ponteceso e de Cabana cumpriran co seu propósito de homenaxear con flores, poesía e música -estiveron acompañados polos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego- a Rosalía de Castro.

Os actos das Festiletras proseguiron pola tarde, pero cun contido e uns protagonistas moi diferentes. Neste caso, a sesión xirou en torno á importancia das explotacións mineiras de Titania e Kaolines e contou con algúns dos veciños veteranos que puideron rememorar as súas propias experiencias nestas industrias.

Xa a última hora, a actuación de Rober Bodegas estaba planificada para que os presentes recargase baterías a base de risas con vistas a intensa xornada coa que as Festiletras encaran hoxe a xornada central das Letras Galegas.