María Canosa e Jorge Mira abriron o Festiletras no Couto

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial PONTECESO

CARBALLO

Jorge e María, durante o pregón
Jorge e María, durante o pregón S. G. Rial

Reivindicaron o valor da aldea do Couto e xogaron con humor con cifras e letras

12 may 2013 . Actualizado a las 15:52 h.

O físico Jorge Mira e a escritora e enxeñeira María Canosa inauguraron este mediodía a 31 edición do Festiletras, a gran celebración da Cultura que durante unha semana se celebra no Couto, na parroquia pontecesá de Cospindo. Leron un pregón no que loubaron o traballo de tantos anos e que situou a esta aldea nun lugar destacado no mapa da cultura de Galicia, unha especie de lugar armoricano coma o de Astérix. E tamén xogaron vías cifras e letras como acostuman no seu programa televisivo, pero adaptados á ocasión.