O Concello larachés mestura cultura, deporte e festexos

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

O municipio celebra conxuntamente o Día das Letras Galegas e o San Isidro

08 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Un ano máis, o Concello da Laracha volverá a celebrar cun programa conxunto o Día das Letras Galegas e a festa de san Isidro, patrón dos labregos. Os actos comezarán este domingo (biblioteca municipal, 12.00 horas) cunha sesión cunha sesión de teatro para os máis pequenos por parte da compañía Migallas.

O xoves da próxima semana, véspera do Día das Letras Galegas, será representado un fragmento da obra de Roberto Vidal Bolaño -o actor homenaxeado este ano- Touroporroutou da lúa e do sol, e o venres, día 17, será a quenda da música e o baile tradicionais, coas actuacións dos grupos das asociacións culturais Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión.

O deporte tamén ten cabida no programa, coa disputa, o sábado 19, da quinta edición do torneo San Isidro de Fútbol 7, no que se enfrontarán os benxamíns do Laracha, o Paiosaco e o Club do Mar. Ese mesmo día, os veciños máis vetaranos do municipio poderán participar nunha nova festa Homenaxe aos nosos maiores, que se celebrará no pavillón do IES Agra de Leborís e que incluirá misa, comida e baile (o prezo por persoa é de 10 euros).

Ademais, a partires do día 17 os alumnos dos cursos de manualidades, pintura ao óleo, encaixe, patchwork e restauración e tapicería expoñerán as súas creacións no baixo da biblioteca.

Actos en Corcubión

A Universidade Popular de Corcubión tamén elaborou un programa de actividades con motivo das Letras Galegas. Abrirao Carlos Callón este domingo (auditorio municipal, 12 horas) presentando o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. O día 19 a Casa da Cultura acollerá a escenificación O mundo segundo Rosalía e o día 26, Serxio Iglesias dará a coñecer o seu libro Viaxe ao interior da fenda.