Preto de medio cento de textos optan ao premio dos artigos normalizadores

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

16 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A novena edición do premio a artigos normalizadores que organiza o Concello de Carballo suscitou o interese de 46 autores, que remitiron, antes de que rematase o prazo correspondente, outros tantos textos. Agora ábrese o proceso para que os membros do xurado comecen a analizar eses traballos na procura dun gañador. Este ano, esa responsabilidade recaeu nos xornalistas carballeses Xurxo Chapela e Belén Puñal; en Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e gañador da pasada edición do certame, e Nel Vidal, que actuará como secretario do xurado en representación do Concello.

Os catro reuniranse durante a última semana deste mes ou a primeira de xuño para adoptar unha decisión conxunta. O premio está dotado con 1.000 euros e inclúe a publicación do texto en La Voz de Galicia e nos outros medios de comunicación que colaboran co certame.