«Hai moi poucos lugares en España que teñan acollido a tantos galardoados»

La Voz

CARBALLO

Jorge Mira Pérez.
Jorge Mira Pérez. a. b.< / span>

26 mar 2013 . Actualizado a las 07:05 h.

Jorge Mira Pérez (Baio, 1968) é catedrático de Física e xefe de departamento na Universidade de Santiago e director do programa Conciencia, entre outros cargos. É o responsable de que, durante esta década, chegasen ata o Cabo tantas personalidades. O mérito é del, pero tamén dos convidados, xa que todos aceptaron encantados.

-¿Que importancia teñen estas visitas?

-Hai que contextualizar. En España non hai ningún premio Nobel vivo. De ciencias, só tivemos dous, Ramón y Cajal e Severo Ochoa. Isto ocorre nun país tan grande, de case 50 millóns de persoas, do primeiro mundo, e indica o complicado que é obter un Nobel. O último que houbo en España, Cela, impactaba na vida social do país, pola súa relevancia. Pois a Fisterra viñeron moitos. Hai moi poucos lugares en España que teñan acollido a tantos galardoados, quitando Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Santiago. É un gran honor e dálle unha gran promoción a Fisterra, sobre todo entre círculos elitistas internacionais.

-Hai máis que Nobel.

-Claro, xente como Hawking. Lembro que aquel ano só foi a Pequín, Washington, Sudáfrica (para ver a Mandela), Roma (para ver ao Papa), Santiago e Fisterra. Rexeita cheques en branco para ir a mil sitios, pero quixo ir a Fisterra e quedou encantado.