Carballo galardoará un ano máis a normalización lingüística na prensa

O Concello acaba de convocar a novena edición do certame de artigos xornalísticos sobre o idioma galego

<"> la voz < span>

Un ano máis, e xa van nove, as reflexións xornalísticas en defensa do idioma galego poderán optar ao premio que convoca o Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración con La Voz de Galicia e outros once medios de comunicación.

O premio a artigos xornalísticos normalizadores está aberto á participación de todos aqueles autores de textos inéditos de opinión «que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, co fomento da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos (...), etcétera», segundo explican os responsables desta iniciativa.

Os obxectivos deste premio que en anteriores edicións xa ten recoñecido as pezas de Ramón Vilar Landeira, Kiko Novoa, Pilar García Negro, Marica Campos, Carlos Callón ou Xesús Fraga, son «promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa».

Os textos deberán ter unha lonxitude de entre 1.800 e 3.300 carácteres (espazos incluídos) e ser entregados no Concello antes do 12 de abril. Un xurado composto por tres persoas «de recoñecida capacidade» elixirán o artigo gañador, que será publicado nos doce medios que colaboran co Concello de Carballo. O seu autor recibirá, ademais, un premio en metálico de 1.000 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Carballo galardoará un ano máis a normalización lingüística na prensa