Os máis pequenos de Ponteceso celebraron o 178 aniversario de Pondal

Marta Valiña PONTECESO

CARBALLO

...
... Marta Valiña

Os alumnos de infantil do colexio Eduardo Pondal gozaron dunha divertida festa á que asistiron o poeta e Rosalía de Castro

06 feb 2013 . Actualizado a las 16:07 h.

Máis de 40 nenos de infantil do colexio Eduardo Pondal celebraron esta mañá o 178 aniversario do poeta cunha divertida festa que tivo lugar na casa natal do bardo. Os pequenos, vestidos coma no século pasado foron recibidos pola gran amiga do poeta, Rosalía de Castro, coa que visitaron o despacho do escritor e coa que coñeceron algúns dos seus poemas. Ao acto de aniversario, organizado pola Fundación Pondal, asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente da entidade, José Luis Fondo. Todos eles participaron nunha ofrenda floral no monolito pondaliano do paseo fluvial e despois trasladáronse ao que fora o despacho do poeta, onde unha das fadas dos poemas de Pondal deleitou aos asistentes con fermosas cancións.