«O POL consegue un equilibrio entre a protección e as demandas dos concellos»

La Voz

CARBALLO

02 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O Plan de Ordenación do Litoral restrinxe dende hai uns meses o uso do litoral. Pero nas rías quedan materias pendentes, como o saneamento integral.

-As Nacións Unidas veñen de conceder ao POL a cualificación de boa práctica ambiental. ¿Nótase na costa a súa aplicación?

-O seu obxectivo foi mellorar o territorio e conseguimos atopar un punto de equilibrio entre as lóxicas demandas dos concellos do litoral e a protección que necesita ese entorno. A ONU recoñece precisamente iso. Na Xunta estamos moi satisfeitos de que ese plan serva para poñer en valor a nosa costa, que é unha das principais riquezas do noso territorio.

-¿Será posible ter as rías saneadas no 2015 como estaba previsto?

-Temos ese compromiso. Non só responde a unha vontade política, senón que ten o seu reflexo nos orzamentos de Augas de Galicia, que aumentan nun 1,2 % con respecto ao exercicio anterior. Dedicar 25 millóns de euros ao saneamento das rías supón un esforzo importantísimo.

-O seguinte paso ao POL son as Estratexias da Paisaxe. ¿Que elementos se utilizan?

-Traballamos agora a Lei da Paisaxe de Galicia para pór en valor, por exemplo, os Camiños de Santiago. Temos claro que é un sinal de identidade que debemos protexer pero tamén para permitir que aqueles cidadáns que queiran rehabilitar as súas propiedades poidan contar cunha axuda do IGVS e do Ministerio de Fomento.