López Abente tamén celebra o centenario do nacemento de Fernández del Riego

Unha antoloxía da poesía galega recupera dous textos do autor muxián

<"> la voz < Matalobos<"> span>Matalobos< span>

Entre os numerosos literatos e entidades do mundo da cultura galega que nos últimos días se sumaron á conmemoración do primeiro centenario do nacemento do intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego (1913-2010) figuran a Fundación Gonzalo López Abente.

Se hai máis de 40 anos, era Fernández del Riego quen loaba ao autor muxián con motivo da concesión do Día das Letras Galegas, desta vez é a entidade nada para preservar a memoria de López Abente a que en xusta correspondencia se sumou aos actos do centenario destacando esta efeméride a través da súa páxina web (lopezabente.org).

Ademais, segundo anuncian os responsables da fundación, a Obra Poética Completa do autor muxián na que está traballando desde hai xa uns meses o poeta ceense Miro Villar incluirá aquel texto de Del Riego, publicado orixinariamente no volume Monza de frores bravas para nosa señora da Barca.

Ao respecto, o propio Villar, na súa bitacora dixital (crebas.blogaliza.org) explica que Fernández del Riego firmou aquelas liñas, tituladas Presencia da obra de López Abente, cun dos seus pseudónimos máis habituais (Salvador Lorenzana), e que facía nelas unha pormenorizada análise de toda a súa produción literaria. Villar avanza xa parte dun texto no que o que fora presidente da Real Academia Galega alterna as súas propias apreciacións sobre o muxián, do que destaca unha «certa propensión ás formas clásicas», coas emitidas tamén por outros creadores, coma Vicente Risco.

En «Sinfonía Atlántica»

López Abente está tamén de actualidade pola presenza dos seus versos en Sinfonía Atlántica, unha antoloxía da poesía galega publicada por Eneida nunha edición bilingüe coordinada polo profesor cordobés Carlos Clemetson, responsable da selección e tradución dos poemas.

O Castro e A miña terra son as aportacións do autor muxián a unha obra na que tamén aparecen textos de outros destacados autores da Costa da Morte, como o pontecesán Eduardo Pondal ou o laxense Antón Zapata.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

López Abente tamén celebra o centenario do nacemento de Fernández del Riego