Os ornitólogos galegos regresan á localidade

La Voz

CARBALLO

11 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Cabana será escenario unha vez máis do Congreso Galego de Ornitoloxía, que este ano alcanzará a súa oitava edición. Entre os días 25 e 27 deste mes, destacados expertos neste eido chegarán á localidade para debater sobre o mundo das aves desde ás ópticas máis diversos, mesmo o auxe e as posibilidades do turismo ornitolóxico.

Un dos poñentes deste congreso, organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía, será José Luis Rabuñal Patiño, que dá nome a un miradoiro de aves situado no municipio cabanés, e que xunto co resto dos participantes volverá a achegarse ata o esteiro do Anllóns para gozar da súa riqueza natural.