Case 200 escolares amosan o seu talento no certame de Contos de Nadal

m. v. m. carballo / la voz< / span>

CARBALLO

<span lang= gl >Gañadores da primeira edición</span>. «O Nadal de Rai», escrito por Rocío Moreira Albela, do colexio de Bormoio (Agualada) foi o gañador da primeira edición do certame Contos de Nadal, celebrado no 2001. Aquel ano foron os alcaldes de Coristanco, Antonio Pensado, e de Malpica, José Ramón Varela, e o director de márketing de La Voz, Rafael Sanguino, os encargados de entregar os premios, en Buño.
Gañadores da primeira edición. «O Nadal de Rai», escrito por Rocío Moreira Albela, do colexio de Bormoio (Agualada) foi o gañador da primeira edición do certame Contos de Nadal, celebrado no 2001. Aquel ano foron os alcaldes de Coristanco, Antonio Pensado, e de Malpica, José Ramón Varela, e o director de márketing de La Voz, Rafael Sanguino, os encargados de entregar os premios, en Buño. ana garcía< / span>

O xurado elixirá hoxe aos gañadores do concurso, no que participaron nenos de dez colexios

07 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Uns 200 nenos de terceiro e cuarto de primaria de dez centros escolares da Costa da Morte participaron na novena edición do concurso Contos de Nadal, organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz. Os rapaces amosaron o seu talento literario e unha enorme imaxinación cun lote de historias nas que Papá Noel, na maioría dos casos, e en menor medida os Reis Magos, protagoniza gran parte das aventuras. Contos que levan ao Polo Norte e a países lonxanos, pero tamén a pequenas aldeas que non escapan da crise, historias con nenos malos e bos e árbores decoradas que amencen o día de Nadal rodeadas de agasallos e sorpresas para aqueles que se portan ben. Regalos como os que recibirán os gañadores, cuxos nomes daranse a coñecer mañá, trala reunión do xurado.

A decisión non será doada, xa que a calidade dos contos desta novena edición é moi elevada, igual que algúns debuxos que acompañan a moitas das historias.

Os estudantes do Gándara Sofán (Carballo), Vilarmide (Muxía), As Revoltas (Cabana), Labarta Pose (Baio), Bormoio (Agualada), Areal (Camariñas), Canosa-Rus (Coristanco), Eugenio López (Cee), Artai (Carballo) e As Forcadas (Corme) presentaron ao Contos de Nadal historias cheas de boas intencións que serán premiadas o vindeiro día 15. A entrega de premios desta edición desenvolverase ás doce do mediodía no salón de actos do Concello de Cee. Haberá agasallos para os autores dos tres mellores contos e diplomas para outros sete contos seleccionados.