Galego durante toda a vida e tamén máis alá da morte

O Concello, a parroquia e as funerarias de Carballo asinaron o seu compromiso de defender a lingua nos actos fúnebres

Unha ducia de veciños asinaron o seu desexo de ser recordados en galego.
Unha ducia de veciños asinaron o seu desexo de ser recordados en galego.

carballo / la voz

«O xeito principal de asumir, querer, recoñecer, visibilizar, sentir e expresar a miña galeguidade é a través da lingua. Sendo isto así agora, gustaríame que seguise sendo así sempre, e que se me recordase na miña lingua propia coa que me sinto identificado. Polo tanto, gustaríame que despois da miña morte fose o galego o idioma no que se me lembrase». Así comeza o compromiso Galeg@ para sempre que onte firmaron en Carballo unha ducia de veciños. Entre eles, o alcalde da vila, Evencio Ferrero, e algúns dos seus concelleiros, que se sumaron ao convenio que asinaron as funerarias presentes en Carballo e tamén o párroco, José García Gondar.

«Os que vivimos en galego tamén queremos gozar del máis aló da vida», resumiu o alcalde, quen lamentou que a día de hoxe «só o 1 % de todas as lápidas de Galicia están en galego e o mesmo pasa coas necrolóxicas, os recordatorios ou outros temas relacionados coa morte».

«O galego ten que estar tamén nos cemiterios», dixo Evencio Ferrero. E nas igrexas, tal e como se comprometeu o párroco de San Xoán, que no seu compromiso animou a «usar o galego tamén na nosa relación con Deus, porque a nosa lingua é o mellor vehículo para comunicarnos cos que más queremos». O sacerdote comprometeuse a usar o galego nos actos fúnebres e a incentivar que as familias e amizades dos defuntos o utilicen para lembralos.

Na mesma liña, os representantes das funerarias con presenza en Carballo (San Antonio, Bergantiños, San José, Santa Marta e La Milagrosa) ofrecerán todos os seus servizos en galego e para iso contarán co apoio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello carballés. Porque saben que un é galego toda a vida e tamén máis alá da morte.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Galego durante toda a vida e tamén máis alá da morte