O público constrúe o seu propio personaxe

á. p. carballo / la voz< / span>

CARBALLO

Franco guiou aos participantes na procura do seu personaxe.
Franco guiou aos participantes na procura do seu personaxe. casal< / span>

27 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O público do FIOT tivo onte ocasión de converterse en protagonista da súa propia historia grazas a unha orixinal proposta guiada polo crítico teatral de La Voz Camilo Franco e bautizada co nome de Queres ser ou non un personaxe teatral? A través de entrevistas individuais, o xornalista permitiu aos participantes sacar á luz as súas fantasías teatrais e construír o personaxe que soñan representar. «Ás veces non nos damos conta de que a xente ten moitas fantasías e de que poucas veces teñen a oportunidade de expresalas», conta Franco.

Otelo, Lady Macbeth, personaxes televisivas ou, simplemente, «un home celoso», foron algunhas das peticións dos quince compañeiros de Franco nesta proposta que xa ensaiara no Culturgal, pero naquela ocasión en torno aos libros. Desta vez a maxia do teatro propiciou incluso a participación dunha persoa que só asistiu a unha representación na súa vida, pero que aínda lembra o personaxe que a deixou marcada. A súa historia e a do resto dos participantes cobrarán agora vida nos textos que o xornalista colgará en breve na web do FIOT.