Os "Monólogos de serán!" botarán a andar este venres en Ponteceso

Á. P. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Carlos Meixide, Valentín García e José Luis Fondo Aguiar, na presentación dos Monólogos de serán!
Carlos Meixide, Valentín García e José Luis Fondo Aguiar, na presentación dos Monólogos de serán! CIBEIRA

O secretario xeral de Política Lingüística presentou na sede da Fundación Pondal este programa que visitará nove vilas de toda Galicia

03 sep 2012 . Actualizado a las 16:06 h.

A sede da Fundación Eduardo Pondal acollerá este venres pola tarde a primeira sesión dun novo programa da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia. Monólogos de serán! é o título desta iniciativa que foi presentada esta mañá en O Couto polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto ao alcalde pontecesán, José Luis Fondo Aguiar; a outro dos patronos da Fundación Pondal, Xosé María Varela; Concha Diéguez. responsable dea empresa que xestiona a actividade (Reverso), e Carlos Meixide, o monologuista que se encargará de desenvolvela.

O Grove, Castrelo de Miño, Foz, Burela, Ribadeo, Monforte, Cangas e Ribeira serán as próximas paradas dun programa pensado para promover o galego e o seu uso como ferramenta de creación artística. A actividade terá lugar en espazos públicos e ao aire libre para tratar así de chegar ao maior número de espectadores posible.