Concha Blanco e María Canosa achegan os libros a O Couto

carballo / la voz

CARBALLO

Concha Blanco e María Canosa impartiron aos cativos uns obradoiro de narrativa e poesía.
Concha Blanco e María Canosa impartiron aos cativos uns obradoiro de narrativa e poesía. j. m. casal< / span>

18 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Un ano máis, os rapaces de O Couto, en Ponteceso, están a pasar un verán diferente. Divertido e didáctico grazas á Escola de Verán posta en marcha pola Fundación Eduardo Pondal, que dende o luns converteuse, máis que nunca, nun espazo de lecer e aprendizaxe para os máis pequenos. Nenos que ata mediados de agosto terán a oportunidade de participar nunha ampla variedade de actividades de todo tipo. Ata se están a converter en periodistas no obradoiro Blogs e fotografía, no que toman notas e imaxes de todo o que acontece na sede da Fundación e despois o plasman nunha páxina web. Coma auténticos profesionais.

Onte, por exemplo, tiveron a oportunidade de narrar a visita que lles fixeron dúas escritoras de Cee. Concha Blanco e María Canosa, nai e filla, reuníronse cos rapaces para falarlles dos seu últimos libros, Luces, bicos e cores (Concha) e Xiana, a nena pirata (María), e impartir sendos obradoiros de poesía e narrativa nos que os pequenos aprenderon a plasmar no papel todo aquilo que lles pasa pola cabeza. Os nenos tiveron a oportunidade de resolver todas as súas dúbidas e pasárono en grande converténdose en escritores. A Escola de Verán de O Couto continuará hoxe cunha saída cultural á ensenada da Insua e o taller de blogs e fotografía. E mañá, por exemplo, botaranse a bailar no obradoiro de danza contemporánea.