-A práctica da radioafección ten sentido se che gusta. Tenche que gustar, se non, non o fas. E con Internet tamén ten sentido. Cando hai problemas nalgún país, o primeiro que cae é Internet ou a telefonía, pero os radioafeccionados seguimos aí. Cunha batería dun coche xa podemos traballar.
-¿Son vostedes moitos na Costa da Morte?
-Non, moitos son. Hai uns poucos. Sei de algún en Muxía, cerca de Cee... Eu debo de ser dos máis activos.