O Outono do Patrimonio volve a Cabana cunha viaxe polo municipio a través das artes

<"> la voz < span>

As actividades do Outono do Patrimonio en Cabana xirarán en torno ao patrimonio local visto a través das artes plásticas, segundo explicaron desde o Concello -organizador do programa a través dos seus departamentos de Cultura, Educación, Turismo, Normalización Lingüística, Servizos Sociais e Deportes-, e incluirán propostas tan diversas coma música, cine, excursións, títeres e coloquios, entre outras moitas.

Os actos darán comezo o día 3 de outubro coa primeira das sesións de musicoterapia coas que Silvia Losada visitará os locais sociais de Borneiro, Nantón, Anos, Corcoesto, Cundíns e A Mata. O domingo 9, o auditorio municipal acollerá a proxección da exitosa película de Pixar Up e un obradoiro no que os participantes poderán coñecer como está feita esta e outras cintas de animación.

O sábado 15 celebrarase na Casa da Cultura da Carballa o primeiro taller de títeres con persoeiros cabaneses -que continuará os días 22 e 29- e sete días despois terá lugar no centro de maiores de Neaño un Café da Memoria sobre Os vellos cines e feiras da comarca.

O Outono do Patrimonio visitará tamén o colexio As Revoltas (o día 25) para achegar aos rapaces o patrimonio plástico cabanés cun coloquio sobre o pintor Manuel Lema Otero, e achegarase, asemade, ao Rego dos Muíños, onde durante cinco días (do 24 ao 28), Caridad Camarero Suances impartirá un obradoiro de materiais de reciclaxe que lle servirá de base para elaborar un gran mural.

No programa tampouco faltarán as visitas guiadas con Ángel Eiroa durante todos os mércores do mes: a A Cidá, polo Rego dos Muíños, ata San Fins do Castro e bordeando o esteiro do Anllóns.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos

O Outono do Patrimonio volve a Cabana cunha viaxe polo municipio a través das artes