Los internautas destacan las fiestas más multitudinarias de la comarca

La Voz

CARBALLO

24 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Carballeira de Zas é a festa máis internacional da Costa da Morte. A ningunha outra viñeron tantos grupos e tanto público estranxeiro. É o mellor acontecemento folk da Costa da Morte e un dos mellores de Galicia. Son trinta anos petando duro en algo no que os de Zas fomos os pioneiros. irene bouzas. zas

A mellor festa é a Romaría da Barca, e por varias razóns: Porque está declarada de Interese Turístico Nacional, por toda a xente que vén, porque Rosalía de Castro e García Lorca dedicáronlle uns poemas, e porque o lugar onde se celebra é o máis bonito da Costa da Morte. demelsa castiñeira. a coruña

Las fiestas del Carmen de Fisterra estuvieron muy bien. Hubo un poco de mal tiempo, pero la gente no se amilanó y acudió a todos los actos religiosos. Esta fiesta del mar es la más bonita, al menos para mí. marisa b. traba. fisterra

As festas de Bergantiños, Soneira e Fisterra son todas boas, sempre que se traballe polas festas, non como fan algunhas comisións, como a da Milagrosa, que poñen moito gasto e resulta que as orquestras que traen non pasan de 6.000 euros e os gaiteiros son gratis. belén graíño garcía. Carballo.

A festa do Carme de Camariñas ademais de ser a máis bonita, caracterizase pola gran paixón do seus veciños na procesión marítima, xunto coa súa fermosa danza de arcos a cal acompaña á Virxe do Carme no seu percorrido.recismindo ramón carril. basilea.

¿Cuál fue la fiesta del verano que más le ha gustado en la Costa da Morte? www.lavozdegalicia.es/carballo