«Non podo ir de vacacións pola comuñón da nena»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

27 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A cantante Pili Pampín aténdenos desde a perruquería. Ponse guapa para a xira, pero di que alí «non se fan milagres, non é coma Lourdes, pero inténtase», bromea. «Sempre que vou a un concerto paso antes pola perruquería, fixo. Vou á de toda a vida». Está feliz de percorrer a Costa da Morte este ano. Di que lle encantan a zona e o público, por iso vén sempre unhas horas antes para facer unha visita, como na Feira das Cereixas de Paiosaco. «Non comín cereixas porque facía frío e marchei para a casa poñer as pantuflas e o pixama de felpa. Algo imperdoable». Ela as vacacións tenas sempre en outubro, «pero este ano a comuñón da nena xa é un gasto enorme».

-Comida e bebida.

-Auguiña e melón con xamón.

-Praia favorita.

-A de Mañóns, en Boiro, á que aproveito ir media horiña cando me dá tempo.

-Non sae da casa sen...

-O móbil e a carteira (ri).

-O mellor e o peor do día.