«Estou moi contenta de actuar en Malpica»

RAMÓN RIVERA < / span>

CARBALLO

27 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

? Lucía Pérez está que non para este verán. De gala en gala, de festa en festa, e moitas delas na Costa da Morte, onde mesmo pensou en alugar un apartamento. Hoxe actúa en Malpica.

-Este ano, entre Que me quiten lo bailao e El polvorete, ten moitas papeletas para ter a canción do verán.

-Que ben, porque iso significa que están soando, que á xente gústanlles, e iso está moi ben. Se algunha delas fose a canción do verán iso significaría que son máis coñecida, ter máis actuacións... Isto é unha cadea, e claro que inflúe.

-Polo menos por esta zona si que ten actuacións.

-A verdade é que ao principio do verán non paraba de ter actuacións nesa zona, e agora estou en Malpica, nas Festas do Mar, e moi contenta.

-Así que nada de vacacións.

-Pois non. Non teño vacacións, pero tampouco quero telas. Este verán toca traballar e hai que aproveitalo, xa as collerei.

-¿Como a tratan por esta zona?

-Moi, moi ben, por suposto. É unha xente moi cercana, e estou encantada.

-¿Xa coñecía a zona?

-Si. Xa estivera por Laxe, por Corme... Ademais, eu creo que fora a comer, así que imaxina... (ri).