«Estou convencida de que o verán vai vir en setembro»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

26 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A cabanesa Tamara Lema é mestra, actriz e contacontos. Está a pasar o verán na Fundación Eduardo Pondal «aprendendo moito». Di que a súa vida «é un pouco desordenada» porque nunca sabe as horas que vai traballar. Pero en setembro todo será máis relaxado para ela. «O verán en Galicia vai chegar» nese mes. «Encántame ir á praia» e «vou poder gozar do verán, que estou convencida que vai vir en setembro». Farao na Mariña lucense, pero a ela gústalle ir ás praias que lle quedan preto da casa: Rebordelo, San Pedro, «e tamén á de Area do Medio, á que se entra por O Couto. Temos moita sorte porque ás praias desta zona non lles podemos pedir máis», asegura.

-Comida e bebida.

-Berberechos do Anllóns e auga, bebo moita auga.

-Praia favorita.

-A de San Pedro, en Canduas.

-Non sae da casa sen...

-O móbil. Non podo vivir sen el.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor é o atardecer. O peor non teño.

-¿Romarías ou verbenas?

-Romarías, é algo que temos que valorar máis e aprender delas porque é algo propio.

-Gasta pista con...

-Tic tac, de Pablo Díaz, unha canción infantil.

-No verán infórmase con...

-A Internet e os xornais.

-A viaxe deste verán.

-Á Mariña lucense en setembro, alí vai haber bo tempo.