«Pensei en alugar un piso na zona polas actuacións»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

23 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A cantante Lucía Pérez (fala connosco acabada de erguerse da cama) está «encantada» de que Que me quiten lo bailao sexa unha das cancións deste verán. E tamén de que ela e o seu concello, O Incio, se coñezan alén das fronteiras galegas. De feito, a xente «pregunta pola miña casa cando vai alí», di. Lucía asegura que ao principio do verán non paraba de actuar por esta zona e ata pensou «en alugar un apartamento». O sábado vai estar en Malpica, entre outras cousas porque «me tratan moi ben na Costa da Morte, é unha xente moi próxima e a comida é boísima». Este ano non ten vacacións, «pero tampouco quero telas. Toca traballar e hai que aproveitalo».

-Comida e bebida.

-Gin tonic e ensalada de pasta, algo fresquiño.

-Praia favorita.

-A praia das Catedrais.

-Non sae da casa sen...

-Uns bos tacóns. Son imprescindibles.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor é subirse a un escenario e o peor, erguerse cando levas poucas horas durmindo.

-¿Romarías ou verbenas?

-Romarías, teñen moito encanto.

-Gasta pista con...

-Hai poucas que me fixeron bailar, se cadra Danza Kuduro.

-No verán infórmase con...

-As redes sociais, non queda outra.

-A viaxe deste verán.

-De momento, nin idea.