Manifesto das xentes da cultura da Costa da Morte en apoio do poeta Miro Villar

La Voz

CARBALLO

23 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O s e as abaixo asinantes, na nosa calidade de escritores/as, investigadores/as e demais integrantes do amplo espectro cultural da Costa da Morte, queremos manifestar publicamente a nosa absoluta solidariedade e apoio para co profesor, escritor e poeta Miro Villar (Cee, 1965), autor dunha exitosa e prolixa obra de creación literaria en lingua galega.

Asemade, queremos manifestar a nosa sorpresa pola ausencia do referido escritor ceense no programa de actividades da XIII Feira do Libro de Cee celebrada a pasada semana, así como lamentar o silenciamento a que foi sometido por parte dos e das organizadores e organizadoras da devandita feira nun ano especialmente prolífico para a creación literaria do recoñecido poeta.

Finalmente, cremos que de se confirmar que este silenciamento é consecuencia da súa actitude crítica para cos poderes políticos locais, que tivo expresión na recente renuncia ao galardón Faro Nerio a pasada primavera, trataríase dunha intolerable acción impropia dun contexto democrático coma o actual.

Asinan o texto: Marilar Aleixandre (escritora), Miguel Vázquez Freire (escritor), Luis Lamela García (escritor e investigador), Xavier Vilhar Trilho (profesor e ensaísta), María Lado (poeta), Chisco Fernández Naval (escritor), Alexandre Nerium (poeta), Xelucho Abella (escritor), Julio Castro (director de Paradores), Xan Fernández Carrera (escritor), Xoán S. Pazos (poeta), David Creus (poeta e profesor), Germán Martínez Traba (actor), Vicky Rivadulla (técnico de cultura), Fernando Cabeza Quiles (escritor), Paco de Tano (poeta), Miguel Anxo Mato Fondo (escritor e profesor), Xaime Trillo (poeta), Tomás Lijó (actor), Rosalía Fernández Rial (poeta), X. H. Rivadulla Corcón (escritor e xornalista), Manuel Vilar Álvarez (historiador), Mónica Góñez (poeta e filóloga) e Modesto Fraga (poeta).