«Estou seguro de que aquí eu aínda sería máis verde»

Ramón Rivera CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Conta cun amplo currículo como cooperante internacional e abráiase co excesivo uso que se fai do coche en Galicia

17 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

-¡Cantas cousas fai!

-¿Espántase co que facemos en Galicia co medio ambiente?

-¿Sería vostede «verde» se non emigrase a Suíza?

-¿Como emigrante e como político, como analiza a situación que se viviu estes días en Inglaterra?

-Mestúranse varios fenómenos como a desesperación, que non xustifica a violencia. O sistema de integración inglés supón certos problemas. É un sistema no que as comunidades están relativamente pouco integradas. Viven en barrios por comunidades, que é unha actitude normal e que é favorecida polo Goberno. Pero cando se atopan en dificultades, en caso de crise ou estoupido social, fanse máis fortes e levan a cabo actitudes de violencia e de certa protección. Outra cousa que me chamou a atención é que, desde o punto de vista social e da seguridade, o Goberno conservador (de David Cameron) fixo recortes a causa do déficit e faltan policías e política social. As dúas son necesarias. Cando o Estado abandona a rúa, a rúa desenvólvese como pode, e iso dá paso a este tipo de anarquía.

-¿Coa súa vida tan intensa, consegue desconectar en Corme?

ALFONSO GÓMEZ CRUZ político de os verdes en xenebra

Alfonso Gómez Cruz naceu en Corme hai medio século. É economista de profesión e director adxunto do Conservatorio de Música, Danza e Teatro de Xenebra de oficio. Vive nesa cidade suíza desde hai 37 anos e alí presentouse ás eleccións polo partido de Os Verdes, do que é vicepresidente. Estes días está de vacacións na súa localidade.

-[Ri]. Coma moita xente. Debe ser herdanza dos galegos, que teñen ganas de viaxar, de querer ver o mundo e ser polifacéticos na cooperación internacional, na economía e no político.

-Vostede é amigo dun tunecino que axudou a que triunfase a revolta nese país. Foi cooperante en Sudán, Irán e Xeorxia, traballou en Etiopía ou Nova Iorque en diferentes asuntos. ¿Coñece a alguén cunha vida máis interesante que a súa?

-Si, non ten nada de excepcional. O meu compromiso coa solidariedade internacional vén da historia deste país. Sempre escoitaba ao meu avó, que me falaba das Brigadas Internacionais. Que alguén axude desinteresadamente chamoume a atención. Personaxes como Gandhi ou Teresa de Calcuta, que dan unha parte da súa vida para axudar aos demais, levoume a ser activo dentro da sociedade e facer algo polos outros, polos meus e por min. Hai moita xente anónima que ten unha vontade incrible.

-As cousas van mellorando. Vese que a xente vaise concienciando. Por exemplo, co coidado que teñen os concellos coa reciclaxe nas praias. Pero hai cousas que me chaman a atención, como o escaso transporte público que hai nas cidades e a prioridade que se lles dá aos vehículos de motor. Iso provoca problemas de saúde, entre outras cousas.

-Creo que si. O que máis me chamou a atención cando fun polo mundo son as desfeitas que fai a polución en zonas, por exemplo, do terceiro mundo. Estou seguro de que en Galicia aínda sería máis verde.

-Cada vez menos. [Ri]. Veño moito para iso e para encontrarme cos meus, cos antepasados, coa miña terra. Agora con Internet é máis difícil desconectar, pero inténtoo.