«Temos que fomentar o uso da bici todo o ano»

ramón rivera CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O rexedor calcula que na proba ciclista do domingo poderían participar unhas 300 persoas

12 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

-¿Vai participar?

-¿Cantas van xa?

-¿Irá en bici?

-¿Son as bicis só para o verán?

-¿Que fai un alcalde nunha actividade coma esta?

-¿Que se fai polo ciclismo en A Laracha?

josé manuel lópez varela alcalde de a laracha

Xa están practicamente pechados todos os detalles da organización do Día da Bicicleta de A Laracha, pero aínda non se sabe se o alcalde, José Manuel López Varela, pedaleará ou participará no acto dun xeito máis indirecto. O percorrido deseñado polo Concello, en colaboración con La Voz de Galicia, Radio Voz e HL Energía, é doado, pero precísase un pequeno adestramento. Ata o domingo non se saberá se López Varela montará finalmente sobre dúas rodas.

-Vou estar aí, coma todos os anos. Creo que non perdín ningunha edición.

-Levamos moitos anos, pero nos últimos hai que agradecer a colaboración de Radio Voz e La Voz de Galicia. É un clásico dos veráns de A Laracha, que nos últimos tempos inclúe Paiosaco e Caión no percorrido, co que se unen os tres cascos urbanos.

-A verdade, non estou moi animado, porque non estou moi acostumado. Baixar a Caión aínda se baixa, pero chegar a Paiosaco e á zona do monte da Estrela, onde é o avituallamento, é complicado para mín. Animo á xente a que vaia, penso que é un percorrido fácil que calquera pode facer, sempre que teña un mínimo adestramento..

-Hai xente que a vai utilizando máis que no verán. Vense máis bicis no resto do ano, cando hai bo tempo. Entre todos temos que fomentar e promocionar o uso da bici todo o ano. Se tivésemos unha orografía un pouco máis levadeira, sen eses repeitos, a xente animaríase. Noutros lugares máis chanciños utilízanse máis.

-Quero agradecer a colaboración dos que participan directamente na proba. Os que a deseñaron e os que a van controlar. O que fago eu é estar pendente ver de que todo vaia con normalidade e a xente respecte as indicacións dos organizadores. Esta vez agardamos chegar aos 300 participantes.

-Colaboramos coa asociación Dúas rodas, que organiza distintas competicións en bicicleta de montaña. Animo á xente que participe destas iniciativas.