«Hai que empuxar para que a bici se utilice máis»

ramón rivera CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O responsable de Protección Civil estará na saída e na chegada do Día da Bicicleta e vixiará que todo saia ben

11 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

-¿Cal será o papel de Protección Civil o domingo?

-¿Haberá, polo tanto, un dispositivo especial?

-Pola experiencia que vostede ten, ¿pórtanse ben os laracheses durante o percorrido?

-¿Será vostede un dos participantes?

-¿Cre, como afeccionado, que hai suficientes zonas para circular?

josé ramón martínez barbeito concelleiro de a laracha

Xa comezou a conta atrás para a celebración do Día da Bicicleta de A Laracha. As previsións meteorolóxicas anuncian un día de nubes, claros e quizais algún chuvasco, así que pode ser unha xornada perfecta para os afeccionados ás dúas rodas. O concelleiro responsable de Protección Civil, José Ramón Martínez Barbeito, non poderá facer o percorrido deseñado polo Concello, en colaboración con La Voz de Galicia, Radio Voz e HL Energía, pero estará na saída, na praza do Concello, e na chegada da ruta, en Caión.

-O papel de Protección Civil no Día da Bicicleta é velar para que transcorra con total seguridade durante todo o percorrido, e con ese cometido estamos.

-Si, si. Vai haber un dispositivo formado por Protección Civil e a Policía Local, e colabora con nós tamén a Garda Civil, para atender aos cruces e ao normal desenvolvemento do paseo.

-A verdade é que si. Ademais, colaboran con nós a asociación de aquí da Laracha, que se encarga de que non se adiante a xente, de que vaia discorrendo todo con normalidade. Xa levamos moitos anos co Día da Bicicleta e, grazas a Deus, nunca tivemos incidencias grandes. Á parte da experiencia, cada paseo é unha novidade, e esperemos que este tamén transcorra sen ningún problema.

-Non, non vou ir na bici. Estarei na saída e na chegada, controlando todo para que saia o mellor posible. Pero si que me gusta a bici. De vez en cando si que saco a bici, pero moitas veces non podes dispoñer do tempo necesario.

-Aquí a afección máis grande é á bicicleta de montaña. A Laracha en Dúas Rodas fai un labor de promoción bastante bo, e ten deseñadas rutas. Dende o Concello, neste momento non estamos pensando nunha ruta definida, pero salvando a orografía da nosa terra, aquí na bicicleta aínda hai que empuxar un pouquiño para que se utilice máis.