«Por entrar en Mareas vivas perdía de xogar ao fútbol»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

10 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O actor malpicán Santi Romay está rematando unha película en A Coruña, pero aproveita cada intre para volver á súa terra. Vai ter un mes atarefado, porque, ademais, segue no teatro e como xurado nun concurso. «Traballo e gozo dos poucos días que teño libres», asegura. Nisto do show business el foi «ao contrario que os demais. Comecei en Mareas vivas, e non tiña moitas ganas de entrar porque perdía de xogar ao fútbol. Foron os meus pais os que me meteron neste mundo e me fixeron seguir». E agora, coa fama, segue volvendo a Malpica, onde «xa probei a auga, que está bastante fría e chea de algas», recoñece. «Intento pegarme un baño sempre que vou a calquera praia».

o verán de... santi romay

-Comida e bebida.

-A fideuá da miña nai cun tinto de verán. Tamén a cervexa.

-Praia favorita.

-A Praia Maior de Malpica.

-Non sae da casa sen...

-O móbil.

-O mellor e o peor do día.

-O mellor é a posta de sol nunha terraza. O peor, ter que madrugar.

-¿Romarías ou verbenas?

-Romarías.

-Gasta pista con...

- Rabiosa, de Shakira. Báiloo porque non me queda máis remedio.

-De verán infórmase...

-Con Internet. Miro alí a prensa.

-A viaxe deste verán.

-Espero ir pasar uns días ás Rías Baixas.