«Cada vez participa máis xente no Día da Bicicleta»

ramón rivera CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A edila larachesa estará o domingo, como todos os anos, na liña de saída e tamén participará no sorteo final

09 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

-¿Dá moito traballo organizar unha actividade como o Día da Bicicleta?

-¿A que tipo de erros se refire?

-¿Como soe ser a participación?

patricia bello canedo concelleira de deportes de a laracha

Como é habitual, A Laracha celebra o seu Día da Bicicleta o domingo anterior ás festas, polo que este ano coincide en plena homenaxe a Santa María de Torás. A ruta organizada polo Concello en colaboración con La Voz de Galicia, Radio Voz e HL Energía, levará aos participantes polos tres principais núcleos do municipio nun percorrido de 11 quilómetros. Patricia Bello Canedo, concelleira de Deportes, non se perde nunca a cita dende que forma parte da corporación municipal, e este ano tamén estará na liña de saída, aínda que non ten decidido se fará o percorrido ou non. Protección Civil, Garda Civil e Policía Local tamén estarán alí.

-Non. Simplemente se trata de coordinar. Ademais, ao non ser a primeira edición, os erros que poidas ter noutras edicións tratas de subsanalos.

-Máis que nada a algunha cuestión de organización, de tempos. Levamos moitos anos e nunca houbo ningunha incidencia. Ademais, levamos todo previsto por se alguén se cansa, por se hai pinchazos... Acompañaranos unha ambulancia, aínda que esperemos non ter que usala.

-Este é o meu segundo mandato como concelleira de Deportes, e nos catro anos anteriores cada ano se incrementou un pouquiño. O ano pasado pasamos das 250 persoas, e este ano esperamos chegar ás 300. Dependerá un pouquiño do factor meteorolóxico e da coincidencia con festas. Pero cada vez se incrementa máis a participación, e con xente de todas as idades. A xente cada vez se anima máis a participar.