«Internet é como unha bola de preso atada á túa perna»

mar varela CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

03 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

«Asocio as vacacións a unha posición moi definida do corpo: a horizontal». Ao físico baiés Jorge Mira gústalle durmir e deitarse na praia durante o seu tempo de lecer, pero non vai sacar barriga porque, explica, «tento combinalo con paseos en bicicleta».

Para Mira, este ano significou o seu nomeamento como catedrático e a saída do seu primeiro libro, algo que «dá moito traballo, pero tamén satisfaccións». Está de vacacións dende o día 1, pero admite que ten dificultades para desconectar: «Internet é como unha bola de preso atada á túa perna». Afirma que, «por sorte», conserva o siso suficiente para non ter o correo no móbil, aínda que tentacións non lle faltan.

o verán de... jorge mira

-Comida e bebida.

-A ensalada da miña nai e auga do pozo.

-Praia favorita.

-¡Home! A de Laxe, por suposto.

-Non saes da casa sen...

-A hamaca que teño na azotea para ir á praia de Laxe.

-O mellor e o peor do día

-O peor é levantarse e o mellor estar tumbado na praia.

-¿Romarías ou verbenas?

-Romarías, gústame a herba.

-Gastas pista con...

-Rabiosa, de Shakira.

-De verán infórmaste...

-Co xornal en papel e o telediario das tres. Ás veces levántome xustiño para velo.

-A viaxe deste verán.

-De Baio a Laxe e de Laxe a Baio.