«A taxa de doantes na zona é inferior á media galega»Un buzón de correos en el chasis

Ramón Rivera CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Unha unidade móbil de transfusión de sangue estará na praza do Concello de A Laracha o xoves e o venres

19 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Baixo o lema O teu sangue é vida. Compártea, o responsable do Centro de Transfusión de Galicia, Antonio Carcedo, presentou en A Laracha, en compañía do alcalde, José Manuel López Varela, a campaña de verán. Unha unidade móbil estará na praza do Concello este xoves e venres.

-¿Por qué se leva a cabo esta iniciativa?

-Trátase dun intento de aumentar o esforzo dos concellos por evitar a redución das reservas de sangue durante a época estival. Hai que ter en conta que moitos dos potencias doantes collen vacacións nestes meses. Neste sentido é de agradecer a colaboración do Concello de A Laracha, que enviou 2.000 cartas aos seus veciños para animarlles na campaña.

-¿Cal é o obxectivo?

-Conseguir 500 doazóns diarias en Galicia. A persoa que necesita sangue é porque ten comprometida a súa saúde, non se trata dun simple catarro. Ademais, nestes meses aumentan os accidentes de tráfico.

-¿Estamos nun momento de incerteza?

-Evidentemente. Nunca se sabe cantos sinistros poden ocorrir nas estradas, nin o número de feridos, por iso temos que cubrir uns baremos mínimos evitando traspasar ese límite de emerxencia que temos de vez en cando.

-Dende a Consellería de Sanidade se advertiu hai uns días de que as doazóns están a caer de forma drástica, e existen carencias en todos os grupos. ¿Tan mal estamos?

-É a situación de incerteza xerada, pero esperamos que non falle a subministración. Temos unha vantaxe, non hai moi bo tempo, e a xente non sae tanto, polo que se pode animar a ceder o seu sangue.

-¿Que se fai coas bolsas recollidas?

-O noso corpo recupérase ás dúas horas da transfusión. Entre outras cousas, separamos os glóbulos vermellos, as plaquetas (para as persoas que sofren algún tipo de cancro), e dividimos os factores de coagulación, porque hai centos de persoas que dependen dunha pequena proteína existente no sangue para poder subsistir. O problema é que o sangue ten data de caducidade: uns 7 días.

-¿Como se comportan os veciños da Costa da Morte?

-Estamos un pouco por debaixo da media galega, con 37 doazóns por cada mil habitantes e ano. A OMS recomenda 40 por mil, e en Galicia situámonos en 42 por mil debido a que temos unha poboación envellecida e as estradas son peores, polo que as necesidades de plasma son bastante maiores.

Antonio Carcedo director do centro de transfusión de Galicia

Es evidente que los envíos postales han pasado a mejor vida con la llegada de Internet y las redes sociales como Facebook o Tuenti, pero eso no quita para que los buzones de correo tradicionales, los de color amarillo, se abandonen a su suerte, como el que se muestra en la imagen, que se ubica entre las calles del Sol y Hórreo de Carballo. Y es que una mano de pintura no le vendría nada mal.