«Mentras o corpo aguante seguirei traballando na radio»

m. v. carballo / la voz< / span>

CARBALLO

12 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Luis rial periodista radiofónico

O locutor da Radio Galega Luis Rial Suárez (Santiago, 1942) visitará esta tarde (20.30 horas) a librería carballesa Brañas Verdes para presentar a súa biografía, La Radio de Rial, escrita polo xornalista Javier García Sánchez. O libro recolle o medio século de traballo dun dos periodistas galegos más veteranos.

-Non debe de ser doado resumir 50 anos de traballo na radio.

-O libro son máis de 200 páxinas, pero a verdade é que quedaron moitas cousas no tinteiro. Non foi doado condensar todo o que quería contar, porque o meu obxectivo era contar a miña vida na radio ao mesmo tempo que narraba a traxectoria histórica de Galicia. Así ofrezo unha visión da ditadura, da preautonomía, da transición, da democracia...

-E tampouco falta as anécdotas

-Hai moitas e conto, por exemplo, como dende Madrid chamáronme a atención porque cando se constituíu o Parlamento galego en vez de falar de conselleiros falei de ministros.

-¿Recorda a súa primeira vez na radio?

-Por suposto, foi en 1965, cando tiña 18 anos. Era Ano Santo e tocoume retransmitir a ofrenda que facía o xefe de Estado, que entón era Franco, para toda España. Houben de acabar no cárcere, pero iso hai que lelo no libro.

-Da xubilación, nin falamos.

-Mentras teña saúde e o corpo aguante seguirei traballando na radio, porque estou moi contento e feliz. Ademais agora estou facendo radio pola noite (Pensando en ti), que era algo que tiña pendente e estou encantado.