«Non podemos mirar para o legado de Man e ver como se vai deteriorando»

La Voz

CARBALLO

21 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

É complicado acordarse, estaba no local do partido, cos compañeiros, poñendo os datos no ordenador. Ao ver os resultados abrazámonos todos e felicitámonos mutuamente. Non gañou só o alcalde, fixémolo entre todos. Gañou o PSOE.

O primeiro que fixen foi o mesmo que todos os días, atender aos veciños e tratar de resolver os seus pequenos e grandes problemas

Sempre uso o meu coche particular, e pago do meu peto a gasolina e os gastos que teño.

O traxe non empecei a poñelo cando saín alcalde. Xa o usaba antes. Como fotógrafo ía de traxe e garabata ás vodas. Xa o saben os veciños. Cando un vai a unha voda vai representando a unha familia e non pode desentoar. Aínda que cada un fai como quere. Tamén ía de traxe cando traballaba para MAPFRE. Levo 35 anos vestindo así e así seguirei, e non preciso renovar.

¿Quen lle elixe a roupa?

Pois eu e a miña muller. Pero primeiro ten que gustarme a min. Se me gusta algo, despois pregúntolle a ela que lle parece.

Non me gusta moito. Gústame facelo cos amigos, pero non as outras. Teño poucas, só as imprescindibles. Prefiro traballar sen comer ao tempo.

Fun deportista toda a vida, pero agora teño pouco tempo. Algo terei que facer, polo menos andar.

Irei sete ou oito día para despexar. Non sei a onde.

Espazo. Está cheo de papeis.

O Concello había que tiralo todo, pero non son os tempos.

Coa ministra de Medio Ambiente.

En Camariñas quedan temas pendentes desde hai tempo, como o legado de Man, Aldea Madeira, e repensar a Mostra.

-Coa Mostra levan 21 anos. ¿Como vai ser a próxima?

-Vamos a intentar darlle unha volta grande. A Mostra fíxose para realzar unha artesanía e conseguiuse. É do que máis xente atrae en Galicia en Semana Santa. Este ano só houbo 2.000 persoas menos que o pasado. O que é certo é que en momentos de crise o encaixe non é unha necesidade e hai que valorar iso. Na próxima temos que invitar ao sector do comercio, da distribución, de Galicia, pero pouco a pouco doutros lugares de España.

-Nos temas pendentes tamén está Aldea Madeira. ¿Saben que van facer con ela?

-Estamos falando xa de sacala a concurso. Faremos unha comisión para que redacte as bases dese concurso. Xa chamaron varias empresas interesadas ás que lles gustaría investir nunha área turística rural.

-Tal vez o tema máis pendente sexa o do legado de Man, que segue sen unha solución.

-Algún artista propúxonos que fixéramos algo. Ata nos suxeriron que nos xuntáramos en plan 15M a pedir unha solución. Quen ten capacidade ten que tomar unha decisión e poñer os cartos necesarios. O Concello non ten esa capacidade.

-Pero algo haberá que facer.

-Trataremos de que Patrimonio, a Xunta e o Estado participen. O que non podemos é mirar para o seu legado e ver como se vai deteriorando. Como sigamos así desaparecerá todo o que queda.