Os grupos de teatro afeccionado obtiveron un gran éxito de público en toda a comarca

La Voz

CARBALLO

19 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Por toda a comarca houbo desde o domingo ata o martes representacións de grupos de teatro afeccionado. En todos os casos, os actores locais mobilizaron moito público.

No auditorio de Vimianzo o grupo Teté de Salto arrincou gargalladas grazas a Onde estás mamá, sobre unha muller que gaña un millón no bingo e que non o quere repartir coas súas fillas.

A obra xa foi presentada hai uns meses na parroquia, pero agora engadíronlle un acto para representala fóra dela.

Tamén o grupo de A Piña, en Sofán, obtivo o apoio do público no centro social da parroquia carballesa.

Ademais, un cento de veciños gozaron da posta en escena do clásico de Castelao Os vellos non deben namorarse. Foi na primeira xornada das celebracións das Letras Galegas. A segunda estivo dedicada a Lois Pereiro.