Dúas bibliotecas «salvan» libros de autores locais

Os escolares de Os Muíños memorizaron textos de López Abente, que foi homenaxeado de novo en Muxía

la voz

Gonzalo López Abente foi de novo homenaxeado no Día das Letras Galegas cunha ofrenda floral no monumento que ten en Muxía. O acto foi organizado polo Concello, pero por diversos motivos os encargados de levar o ramo foron familiares do autor.

Tamén os nenos do colexio de Os Muíños colaboran en lembrar a López Abente. Escolleron «salvar» as súas obras. Tamén participan nesta actividade os nenos do colexio de Baio, que aprenderon Pobre gaiteiro de Baio, de Labarta Pose.

Importancia

No salvamento de libros participan 96 bibliotecas escolares de Galicia. É unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o patrimonio cultural escrito.

O que se pretende é difundir a idea de que é imposible destruír os libros. O salvamento consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento dun libro para simbolizar a asimilación do seu contido. A idea está baseada na obra de Ray Bradbury Fahrenheit 451, que tamén foi levada ao cine.

Ademais onte houbo actuacións teatrais en Camariñas, no centro cultural de A Ponte do Porto e na Casa da Pedra. Subiron a escena a compañía Eduvia e Mario Tomás para representar obras infantís.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Dúas bibliotecas «salvan» libros de autores locais