Moitos lectores parecen desencantados coa celebración do Día das Letras

La Voz

CARBALLO

17 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Se vai bo tempo irei a praia. Se chove, ao cine. O caso será ter entretidos aos rapaces, porque non sei a quen se lle ocorreu que o Día das Letras tiña que se festivo e que o día anterior tamén tiñan que quedar na casa. O da ponte, coma sempre só beneficia aos mestres e aqueles (poucos) afortunados que poden gozala. O resto, aos que nos toca traballar, temos que facer equilibrios para que os nenos non queden solos na casa. E todo por celebrar unha data que debería estar normalizarse e celebrarse todos os días. unha indignada. carballo.

Por seguir coa tradición que empecei hai uns anos, o Día das Letras lerei algo de Lois Pereiro, pero despois non farei nada especial. Ningún dos actos previstos na miña zona ten atractivo suficiente e, como xa apuntou algún, parecen feitos para os palmeiros de sempre, porque ler (e en galego), só len catro gatos. Non hai máis que ver o pouco éxito que teñen as librerías ou o feito de que case todos os políticos da comarca digan que o seu libro favorito é O Quixote ou Memorias dun neno labrego. Dá que pensar. Dá que pensar que non leron na súa vida. javier. malpica.

¿Como celebra vostede o Día das Letras Galegas? ¿Cree que debería ser unha data festiva? Respuestas en

www.lavozdegalicia.es/carballo