Exposicións, libros e teatro en Malpica

La Voz

CARBALLO

17 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

En Malpica, as actividades das Letras Galegas empezan mañá coa apertura ao público dunha exposición sobre Lois Pereiro no centro cívico.

O xoves, a compañía de teatro Ghazafelhos representará a obra O país dos mandóns na biblioteca do centro cívico ás sete e media da tarde.

No mesmo lugar seguirán as actividades relacionadas coa cultura en Malpica. O venres de esta semana haberá contos de Santi Prego ás sete e media e, como no caso anterior, con entrada de balde.

A vindeira semana seguirán as narracións de contos e tamén se presentarán unha exposición e as novas seccións da biblioteca.