«Aínda queda moito por facer»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

Cre que só gobernará con maioría, senón haberá pacto entre PP e BNG

12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A favor

En contra

A favor

a favor

A favor

En contra

A favor delas, pero legalizándoas previamente

En contra

En contra

A favor, pero regulada

Churrasco

Pedras

Un rioja crianza

Depende. Coa comida, viño, despois de comer, licor café e, en xeral, auga

Os percebes

Sardiñas cando mollan e rape

Un Renault Laguna

Si

O Barcelona

Ler, a familia e os amigos

García Márquez

Soldados de Salamina

Pena de muerte

Velázquez

Al Pacino

Susan Sarandon

Amaral

Toda. Depende do momento

El Intermedio

A Xapón, sobre todo agora, un momento para ser máis solidarios

Félix Porto (Ferrol, 1965, aínda que recorda que leva más de 25 anos en Muxía) repite como candidato do PSOE. Hai catro anos quedouse a un da maioría absoluta. Agora espera acadala.

-¿O parador vai desta vez?

-Esta vez vai. O anuncio da inversión de 25 millóns de euros do Consejo de Ministros era algo que estabamos a esperar. É un dos grandes proxectos e moita xente traballou nel. Estamos desexando ver as máquinas en Lourido.

-¿Sábese algo de datas?

-Este domingo estarán en Muxía os ministros Francisco Caamaño e Miguel Sebastián e algo dirán sobre o tema.

-O seu mandato empezou cun pacto que rompeu pronto. ¿Que pasou no matrimonio?

-O matrimonio rómpese cando unha das partes non quere seguir. É difícil gobernar con quen só está acostumado a facer oposición. E nós estamos en contra dos que presionan para facer unha política caciquil.

-Así que de reeditalo nin falar.

-En Muxía gobernará o máis votado e os únicos con posibilidades somos nós. Sen maioría absoluta non gobernaremos porque xa hai un pacto tácito entre o BNG e o PP. O do BNG xa dixo que só se votará a si mesmo e o PP tamén o apoiará. Pretenden volver a atrás. Son unha oposición frontal ao PSOE, que é a única alternativa que existe en Muxía para gobernar.

-¿Que foi o máis duro do mandato que xa remata?

-Cando decidimos romper con quen ameazaban constantemente con pactar co PP. O importante non é manter o poder custe o que custe, e non quixeron entendelo. Tamén foi dura a etapa do insulto, da descualificación, da denuncia. Os que non son capaces de gañar nas urnas tratan de facelo no xulgado.

-¿E que destaca do feito?

-Nos deixaron unha débeda de 700.000 euros que non só case acabamos de pagar, senón que foi a etapa de maior inversión no Concello entre o parador, o Plan E, o porto deportivo e outras cousas.

-¿Que lle quedou por facer?

-Nós nunca nos damos por satisfeitos. Aínda queda moito por facer. Cada día atopamos cuestións pendentes. Herdamos un Concello sen servizos.

félix porto serantes alcalde e candidato do psoe en muxía