«Foi o mandato do despilfarro»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

O popular aspira a recuperar o proxecto da piscifactoría de Touriñán

10 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Alberto Blanco Rodríguez (Muxía, 1949) volve a presentarse coa intención de recuperar unha alcaldía que perdeu hai catro anos e que está en mans do PSOE.

-¿Que balance fai do mandato que remata?

-Leveime unha decepción. É mellor esquecelo. Sempre se fai algo e non é todo malo, pero é algo para esquecer. Cos ingresos que houbo e co remanente de 747.000 euros que nós deixamos na caixa, poderíanse ter feito grandes cousas, pero foi o mandato do despilfarro, igual que o de Zapatero, o do engano e a mentira.

-¿Que momentos destacaría?

-Muxía non fixou poboación cando puido facerse. O PSOE empeñouse en que a piscifactoría de Touriñán non se fixera. Hoxe non estaríamos pasando por isto con ela. Nós temos o compromiso de recuperala.

-Finalmente semella que haberá parador.

-O parador tiña que ser o dinamizador da Costa da Morte. Alégrome moitísimo de que se aprobara. Tivemos que esforzarnos moito para que viñera a Muxía e conseguimos que fora unha realidade. Só faltaba que o Goberno puxera os cartos. O malo é que comprobei que o proxecto, ao final, non contempla un servizo de talasoterapia e sen el só será un hotel de catro estrelas. A talasoterapia é fundamental e o PP vai loitar o máximo para que a teña. Con Rajoy no Goberno teño plena confianza en que o conseguiremos.

-¿Que puntos levan no programa?

-Loitaremos para que Touriñán sexa unha realidade. Estamos en contacto coa empresa, que segue interesada. Incluso o plan sectorial da Xunta contempla ese espazo. Seguro que conseguiremos esa grande oportunidade. O fundamental é que a xente teña traballo, que non se perden oportunidades. Tamén melloraremos o parador coa talasoterapia e actuaremos en conservación e mantemento de estradas, que quedaron esquecidas, e instalaremos abastecemento de auga onde non o hai.

-Volve vostede a optar á alcaldía de Muxía.

-A miña ilusión é recuperala. É un reto pero non por min, senón para defender a todos os veciños, para darlle a xente traballo e confianza, recuperar o tempo perdido.

En contra salvo excepcións

En contra

A favor

En contra de consideralo matrimonio

En contra salvo casos especiais

Enerxía nuclear

En contra

Drogas brandas