«Vou cumprindo xuventudes»

Santiago Garrido Rial
S. G. RIAL CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Opta ao seu octavo mandato consecutivo, tras 28 anos de goberno

08 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A favor

En contra

A favor. Que haxa liberdade

A favor. O mesmo criterio que no caso anterior

A favor

En contra

A favor

En contra

En contra

Si

Comida italiana

Serpes

Ribera del Duero. Un veciño e amigo preside o Consello Regulador

Son da época da Coca-Cola

A langosta

As sardiñas

Un BMW 330

Dous pitillos despois do café

Dumbría, Dumbría, Dumbría e Madrid

A lectura e a arte

José Manuel Pequeño Castro (Ameixenda, 56 anos) cumprirá 28 anos de alcalde o vindeiro día 23, a maioría nas filas do PSOE, do que ademais foi secretario xeral comarcal e agora deputado provincial. É con diferenza o rexedor máis veterano da bisbarra da Costa da Morte e tamén dos de maior presenza de Galicia. Arquitecto técnico de formación, está casado e ten dous fillos.

-¿Non son xa moitos anos?

-Como dicía certo escritor, eu vou comprindo xuventudes. Non, non son moitos. Ao revés: agora é máis ilusionante ca nunca. Temos un proxecto realista para continuar coa metamorfose de Dumbría. Un exemplo de cambio a mellor no rural galego.

-¿Que cambios?

-Dumbría cambiou totalmente nos últimos anos. Sábeo calquera que nos visita. Precisamente o venres chegaron a Dumbría uns peregrinos de varias partes de España que xa pasaran por aquí fai sete anos, facendo o Camiño, e dixeron que estaban impresionados coa ben coidado e conservado que está todo, que era o único concello que vían tan mellorado, e que querían coñecer ao alcalde para felicitalo. É un exemplo de que si se poden cambiar as cousas. O faro está en Dumbría, é algo moi ilusionante.

-¿Que é o que quere facer?

-Este país necesita que os tres piares básicos, sanidade, xustiza e educación, funcionen en condicións. Menos Estado xudicial e vixiante, e máis investimento en educación, cultura, deporte e gasto social, como facemos en Dumbría.

-¿E co grave problema do paro, que se fai?

-Levamos seis anos vendo vir este problema, e cun plan de emprego en marcha. Os que antes nos criticaban agora fan o mesmo nos seus concellos. Os concellos deben xerar e dinamizar emprego. Nós si creamos postos de traballo, e se son precarios é porque non recibimos o apoio que deberiamos ter.

-¿Que obras quere facer?

-Hai grandes obras que queremos facer e levamos no programa para seguir transformando o Concello. Queremos levar os mesmos servizos aos 72 núcleos de poboación das sete parroquias. Uns xa os teñen, e os outros teranos.

-¿Todo neste mandato?

-O noso plan é a oito anos vista, en dous mandatos. Eu son dos que cren que o futuro está detrás das persoas que o fan, das que teñen ilusión, porque sen ela non hai nada. E a xente de Dumbría vexo que si está ilusionada co seu Concello, ven que estamos marcando camiño, e saben que necesitamos oito anos como mínimo.

JOSÉ MANUEL PEQUEÑO CASTRO ALCALDE DE DUMBRÍA E CANDIDATO SOCIALISTA

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Ernst Hans Josef Gombrich

Historia del arte, un clásico do autor anterior

Alguien voló sobre el nido del cuco

Leonardo da Vinci, con moita diferenza sobre os demais

Jack Nicholson

Julia Roberts

Serrat e a canción protesta

Toda. A clásica, sobre todo

O canal 24 horas, e os debates que se fan con educación

Suiza e Exipto