7 de maio12 de maio13 de maio14 de maio17 de maio21 de maio24 De maio26 de maio27 de maio28 e 29 de mayo29 de mayo31 de mayoCarballo dedica o mes de maio ás Letras Galegas

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

A concelleira de Cultura e o alcalde presentaron o programa que empezou o día 2 e rematará o 31

05 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Festa da Lingua

Actuación de Marful, Berrobambán e entrega da séptima edición do premio de artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo. Xurxo Borrazás lerá «A lingua preferida».

Presenta Yolanda Castaño. O acto empezará ás 21.00 horas.

A reserva de entradas tense que facer no Pazo da Cultura de 11.00 a 14.00 horas.

Organiza a Deputación de A Coruña.

Vento Lois

Mercedes Queixas presentará no Pazo da Cultura o seu libro sobre Lois Pereiro e leerase o seu manifesto.

Organiza Lumieira

Presentación literaria

Ignacio Silva presentará o seu libro Cara B. Estarán Rober Bodegas e Manuel Bragado, director de Xerais. No Pazo da Cultura ás 20.00 horas. Entrada libre.

Teatro

O grupo de teatro afeccionado la asociación cultural e deportiva de A Piña actuará no centro social de Sofán.

Ás 19.00 horas.

As letras en voces

A praza do Concello de Carballo acollerá o acto máis coñecido das letras. As persoas interesadas poderán ler textos de varios autores. Actuarán a Banda Municipal de Gaitas. Tamén haberá o tradicional concurso infantil de pintura.

De 11.00 a 15.00 horas na Praza do Concello.

A Banda municipal de Música ofrecerá un concerto no Pazo da Cultura ás 20.00 horas.

Teatro

O espectáculo Poesía última de LP de obxectos con música baseado en textos de Lois Piñeiro. Organiza a Xunta de Galicia. Pazo da Cultura, ás 21.00 horas. Entrada libre.

Teatro

O grupo da escola de idiomas escenificará tres pezas en inglés. Ás 20.00 horas. Entrada gratuita.

Exposición

A fotógrafa Helena Segura Torrella amosa a súa obra ata o 9 de xuño. No Pazo da Cultura.

A música no cine

O alumnado do instituto Parga Pondal ofrece un festival no Pazo da Cultura.

Ás 11.30 horas e as 20.00 horas. Entrada libre.

Organiza o instituto Parga Pondal.

Teatro

O grupo do Coro Vagalume representará dúas obras. A estrea é o día 28. A entrada é con invitación que facilita a propia entidade. Para obtelas, contactar co departamento do Cultura do Concello.

Encontros de Arume

A asociación de Berdillo fai un festival no seu local social.

Ás 18.00 horas.

Festival escolar

Clausura das actividades extraescolares do colexio Bergantiños de Carballo, ás 10.00 horas. Organiza a ANPA do colexio Bergantiños.

As Letras Galegas duran un mes no caso do Concello de Carballo. As actividades comezaron o día 2 coa Semana dos Libros e rematarán o 31 coa clausura das actividades extraescolares do colexio Bergantiños. Mesmo Primavera en ruta foi incluido no programa que presentaron onte a concelleira de Cultura e o alcalde de Carballo.

Evencio Ferrero amosou a súa satisfacción polas actividades previstas e deu os seus parabéns aos membros do departamento de Cultura, que incluíron actos propios e os organizados por outras entidades, aínda que contan co apoio do Concello.

Belen Lendoiro fixo un resumo do que xa se está a desenvolver dende hai uns días. Destacou especialmente a Festa da Lingua que presentará Yolanda Castaño e todas iniciativas centradas en dar a coñecer a obra de Lois Pereiro, ao que a concelleira cualificou como «un dos poetas máis lidos da súa xeneración».

No programa hai moito teatro e festivais, pero o acto central será de novo o maratón de lectura dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Celebrarase de novo na praza do Concello de Carballo, que foi cualificada polo alcalde como «a ágora perfecta».

As persoas que queiran ler poden reservar a plaza chamando a Cultura, ao 981 704 300 ou enviando un correo electrónico a cultura@carballo.es.

Nese día das letras tamén é moi participativo o concurso infantil de pintura Luís Calvo, que o ano pasado cumpriu o seu trinta aniversario.

Menos tempo ten a Semana dos Libros, que onte conseguiu un cheo total do auditorio do Pazo da Cultura coa actuación de Mamá Cabra, que fixo cantar e bailar aos nenos e nenas de Carballo. Tamén houbo un obradoiro de literatura non sexista destinado aos profesores da comarca. Para hoxe está programado que os docentes se inicien co teatro e a súa linguaxe nas aulas.