«Corcubión perdeu o seu prestixio, é un pobo morto»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

Asegura que o alcalde gobernou para os amigos de costas aos veciños e ofrece un programa para crear emprego

05 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Óscar Insua Lema (Corcubión, 1980) encabeza por primeira vez as listas do BNG. O seu caso é anómalo, porque non estivo os catro anos na oposición, senón que pasou dez meses no goberno local cun pacto co PP.

-¿Por que rompeu ese pacto?

-Haberá que preguntarlle á concelleira do PP. Ela, que dixo que o pacto funcionaba moi ben, sabe as razóns. En calquera caso ninguén pode aspirar a ser alcalde sendo a forza menos votada.

-¿Como foi o seu paso polo goberno local?

-Traballamos a reo e fixemos moitas xestións que deron os seus froitos, como a recuperación do ARI, a sala de ensaios ou a xestión do comedor do colexio. Cando saímos Corcubión entrou nunha etapa demoledora, con perda continua de cidadáns e unha xestión nefasta e escura, de costas aos veciños. O alcalde non cumpriu nin o 15% do seu programa, entre outras cousas foi incapaz de aprobar un PXOM no que ten intereses persoais, e co Plan E dilapidou cerca de 500.000 euros sen crear un só emprego.

-Vese que non está contento co feito.

-Corcubión perdeu o seu prestixio e é hoxe un pobo morto. O alcalde nunca escoitou aos veciños e despilfarrou os cartos en asesores e avogados.

-¿Como está o clima político?

-Baixou a temperatura con respecto a anos anteriores grazas ao traballo do BNG, que aportou ideas e fixo propostas. O noso traballo foi sempre positivo, aínda que o alcalde négase a falar e non lle vale ningunha proposta.

-¿Que ofrecen aos veciños?

-Ter un PXOM en menos dun ano, facer unha consulta popular para que os veciños digan onde queren o cemiterio, deixar como zonas verdes os espazos detrás da praia de Quenxe, incentivar que a xente se instale en Corcubión con medidas fiscais, actualizar o Pepri e fomentar o emprego na vila, creando un viveiro de empresas e colaborando con Emprecor.

-¿Hai pactos posibles?.

-Non hai pactos. Somos a única alternativa.

óscar insua lema candidato do bng en corcubión

A favor

En contra

A favor

A favor

A favor

En contra

A favor

En contra

En contra

Un pobo coma o noso ten que estar a favor sempre

Polo asado e empanada de millo

Gústame probar de todo

Un albariño

A cervexa

A centola de Fisterra

Xardas ao forno

Un Opel Astra

¿Fuma?

Non

O Dépor

Moitas cousas. Viaxar, a música, estar cos amigos

Manuel Rivas

Memorias dun neno labrego

O Padriño

Borxa Insua

Luís Tosar

Mabel Rivera

Silvio, Sabina e Aute

Gústame toda, sobre todo a tradicional e a música folk

Buenafuente

América Latina