«Malpica necesita a estabilidade que non tivo nestes catro anos»

Antonio Longueira Vidal
toni longueira CARBALLO / AGENCIA

CARBALLO

O programa do candidato xira en torno á construción da gardería, o centro de día e a depuradora

04 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Comercial da fábrica de forxados El Progreso, en Buño, dende hai vinte anos, e cabeza de lista do PP de Malpica, despois de ser o segundo de abordo de José Manuel Vila. Eduardo Parga Veiga (Seaia, 1966) contabiliza oito anos dedicados á vida política municipal co obxectivo de quitarlle o bastón de mando ao socialista José Ramón Varela.

-¿A sombra do finado Vila é máis prolongada do que parece?

-Vila era un animal político. Foi o meu amigo e o meu mestre e se eu son agora o candidato é porque dalgunha maneira así o quería. Por iso, é un reto moi fermoso seguir a súa senda de traballo. E con esa premisa preséntome: quero ser o continuador dunha forma de facer política na que a prioridade son os intereses dos veciños de Malpica.

-¿Como valora este mandato de Varela Rey que se está a punto de esgotar?

-O alcalde decidiu no seu momento gobernar en minoría. Puido facelo co consenso doutras formacións, pero antepuxo as cuestións persoais ás veciñais, e os resultados son que os orzamentos prorróganse ano tras ano e as grandes infraestruturas para o pobo seguen sen ver a luz.

-¿Cal é o programa do PP en caso de chegar á alcaldía?

-Xira en torno a tres proxectos: a depuradora, o centro de día e a gardería.

-Igual que o PSOE

-E o BNG, pero a realidade é que non se fixo nada nestes catro anos. Os malpicáns queren feitos, non promesas, e o PP comprométese a cumprir o que di. Eu non son de colgarme medallas que non me corresponden, eu quero solucións aos problemas. Tamén é necesario levar a cabo a ampliación e mellora da rede de saneamento nas parroquias, que é moi deficitaria e, sobre todo, levar a cabo unha xestión transparente, consensuando co resto de formacións os grandes temas de Malpica, sen excluír a ninguén.

eduardo parga veiga candidato do PP á alcaldía de Malpica

A favor, en casos extremos

En contra

A favor

A favor

Non entendo que unha rapaza de 16 anos poida abortar sen que os pais o saiban

A favor

En contra

En contra

En contra

A favor se é regularizada

A tortilla de patacas

Caracois

Albariño

Café con leite

Centolo

Bacallau

Un Citroën Xantia

Si

Os equipos de Malpica e o Real Madrid

Encántame xogar ao fútbol sala na liga de veteranos.

Mario Vargas Llosa

El sueño del celta

El zorro

Velázquez

Antonio Banderas

Julia Roberts

David Bisbal

Salsa e disco

Os informativos e as películas

Suíza. Estiven alí traballando e gustaríame ir para coñecela