«A xente valora o traballo feito»

Eduardo Eiroa Millares
e. eiroa CEE / LA VOZ

CARBALLO

O rexedor asegura que está a ser vítima dun linchamento social

30 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ramón Vigo Sambade (Ameixenda, Cee, 1964) repite como candidato de IxCee ás eleccións nunha campaña que dificilmente esquecerá nunca. O que ía a ser un período tranquilo transformouse para el, coas seis imputacións da operación Orquesta, en algo ben distinto. «Outro non aguantaría isto», di.

-É inevitable empezar pola Orquesta. ¿Como van indo as cousas?

-Teño a sensación de que o pobo distingue entre esta circunstancia excepcional, cada vez temos todos máis a sensación de que todo isto veu provocado. Estou sendo obxecto dun linchamento social, pero os cidadáns valorarán o traballo feito nestes catro anos.

-¿Non cre que lle pode pasar factura?

-Sempre pode influír, porque sempre hai votantes indecisos que con algo así poden variar o seu voto, pero a inmensa maioría valorará a miña integridade e o traballo feito.

-A raíz da Orquesta outros grupos xa están avanzando que de pactos nada.

-Non é de estrañar. Os únicos que presentamos un proxecto e cumprimos co prometido fomos nós, os outros grupos presentaron persoas cuxo único obxectivo é que Vigo non sexa alcalde.

-¿Contempla vostede seguir na política se non é alcalde?

-En principio, cando un foi alcalde e deixa de selo, ten un curto percorrido, porque é algo que condiciona á hora de facer oposición, en calquera caso aspiro a ser rexedor de novo e a forza máis votada. Ademais, en Cee é posible que quen saia alcalde o día da constitución da corporación non o sexa todo o mandato, xa se viu. Son os veciños os que teñen o poder.

-¿Cales son as súas principais propostas?

-Queremos recuperar a avenida Fernando Blanco e a rúa Calzada, unha zona que se foi deteriorando nos últimos anos e que queremos transformar nun bulevar con actividade comercial, incluso crear un centro comercial aberto. Tamén a vella entrada de Cee. Ademais queremos facer un edificio de usos múltiples na Sicar e máis obras no rural.

-Outros priorizan a creación de emprego.

-Falar diso desde a política municipal é unha ilusión. Estráñame que outros o fagan cando deixaron a 12 persoas no paro.

ramón vigo sambade alcalde y candidato de ixcee

En contra

En contra

A favor

A favor

A favor

A favor

En contra

En contra

Si estou a favor de que veñan inmigrantes, pero sempre que haxa un control desas chegadas