«En Malpica urxe un impulso medioambiental»

Cre que o equipo de goberno actuou «de costas aos cidadáns e o resto de forzas políticas»


carballo / la voz

Afronta con ilusión este segundo intento para acceder á alcaldía de Malpica. Roberto García Ferreiro (Barizo, 1965) é empresario e enxeñeiro agrónomo. Aos seus 46 anos ten claro cales deben ser as pautas do BNG para dar o salto electoral: «Compromiso e transparencia».

-¿Como ve os comicios do día 22?

-Con moita expectación. A priori non haberá maiorías absolutas e aspiramos a ser esa forza clave no desenvolvemento político de Malpica para os vindeiros catro anos.

-¿Como alcalde, ou formando parte dun hipotético goberno de coalición co PSOE?

-Aínda é moi cedo para facer quinielas. Máis ou menos temos todos claro que o que desexe gobernar terá que facelo mediante pactos. Neste sentido, o BNG de Malpica é libre de facelo con quen estime máis oportuno, falando con todo o mundo e atendendo sempre a criterios programáticos comúns.

-¿Que valoración fai destes catro anos de goberno socialista de Varela Rey?

-Hai tres etapas ben diferenciadas. Unha primeira na que o bipartito estaba na Xunta. Foron dous anos nos que había que amarrar as grandes infraestruturas para Malpica, e que quedaron en nada por no saber xestionarse. Unha segunda etapa marcada polo Xunta de Feijoo, que ningunea a aqueles municipios nos que non goberna o PP. É unha terceira etapa na que o executivo local apenas contou coa cidadanía e o resto de partidos da oposición para facer unha fronte común contra o déficit de servizos públicos.

-¿Cales son esas carencias?

-Fai falla políticas activas de emprego, combinadas con axudas á estimulación do comercio local e o turismo. En segundo lugar, en Malpica urxe un impulso medioambiental. O exemplo máis claro é a carencia dunha depuradora, ademais dunha deficitaria rede de saneamento. En moitos lugares, como Leiloio, non existe un tratamento integral das augas veciñais.

-Nos plenos o BNG ven de esixir ao PSOE máis cultura democrática.

-O goberno fai todo ás costas dos cidadáns. Desenvolve unha política de feitos consumados, que o BNG pretende erradicar para sempre a partir do 22 de maio. Impulsaremos a democracia participativa; é dicir, que os grandes proxectos sexan avalados polos veciños.

A favor, en casos irreversibles

En contra

A favor

A favor

A favor

En contra

En contra

En contra

En contra

A favor, pero con contrato e permisos en regla

Angulas e caracois

Enate, un viño da alta montaña oscense

Auga

Percebes

O pinto

Un Xsara cupé

Non

O Dépor e os equipos malpicáns

Atletismo e remo

Albert Camus

Con sangue nos beizos, de Paco de Tano

O bosque animado

Goya

Robin Williams

Julia Roberts

Luis Miguel e Plácido Domingo

Música autóctona popular

Non veixo moito a televisión

Asturias e Cantabria

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«En Malpica urxe un impulso medioambiental»