«Quero acabar coa idea do panem et circenses»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O candidato cree que Dumbría «non pode estar catro anos máis sen servicios básicos»

15 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ten 57 anos e é biólogo molecular especializado en botánica. Ramiro Iglesias Louzán afronta a súa segunda candidatura á alcaldía de Dumbría polo PP.

-¿Que valoración fai deste último mandato?

-Dumbría segue coma nos anos 50; e dicir, as parroquias carecen de saneamento integral, non hai depuradora, a ordenación do territorio segue a ser unha quimera... Pero dá igual, porque o alcalde resolve todo como os romanos: panem et cirquenses, pero adaptado á vida moderna con fútbol, excursións e festas. Esa é a idea que ten o señor Pequeño de facer política, e hai que erradicala xa para sempre.

-Vostede é botánico. ¿Respira ben o Concello en materia medioambiental?

-É un completo desastre. As únicas obras que se fixeron foron dúas recollidas de pluviais e fecais con fondos do Plan E, así como o peche do vertedoiro de Miñóns, cancelado por presións da oposición. Iso resume ás claras a política do goberno local neste apartado, porque non hai sumidoiros e vértese todo ás leiras e ríos.

-¿Que necesita Dumbría desde o punto de vista industrial?

-De todo. Para empezar, hai que facer unha ordenación exhaustiva do territorio. Non pode ser que o municipio non dispoña dun só metro cadrado de solo industrial e urbano. Todo ten catalogación de solo rústico, o que se traduce en 200 casas construídas sen permiso algún e unhas 20 denuncias que se encontran en trámites no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Para falar de tecido empresarial, primeiro hai que ofrecer solo, e para iso hai que ter un plan xeral. Neste sentido comprométome a poñelo en marcha tan pronto saíse elixido alcalde. É unha prioridade que ten o PP de Dumbría.

-Vamos, que considera que o municipio necesita aire novo despois de 28 anos co mesmo alcalde.

-Evidentemente. O rexedor utiliza unha política de servidume e recollida de votos. É a política típica do caciquismo dos anos 50 e 60. Un exemplo, a escasa obra pública que se fai no Concello adxudicase sempre ás mesmas empresas e iso é antidemocrático e, se me apura, ilegal. O Partido Popular aposta pola transparencia na xestión municipal e a atención diaria con todos os veciños, sexan de dereitas, de centro ou de esquerdas.

En contra

En contra

A favor

En contra

En contra

En contra

En contra

Totalmente en contra

En contra

A favor, sempre que se veña con contrato de traballo

O cocido e caldeirada de pintos

Gústame de todo

Rioja e Terras Gaudas

Un cubatiña con moito limón

A centola e o camarón

Abadexo e pinto

Honda Accord

Levo 17 anos sen facelo

Son masoquista: do Dépor e do Atlético do Madrid

Atletismo e pesca submarina

Camilo José Cela

A familia de Pascual Duarte

Lo que el viento se llevó

Salvador Dalí

Gary Cooper e Luis Tosar

Sofía Loren

Carlos Gardel, Tom Jones e Nino Bravo

De todo

El gato al agua

Sen dúbida, centroeuropa