«Non queremos ser chave, senón gobernar Laxe»

marta valiña CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Está convencido de que o seu partido mellorará os resultados acadados hai catro anosLa edila popular se presenta por tercera vez consecutiva y aspira a la mayoría absoluta

12 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Aínda que naceu en Santa Comba, en 1957, José Luis Pérez Añón, asegura que síntese un laxense máis. Vive na localidade dende hai 16 anos e dende hai 12 forma parte da corporación municipal, onde chegou da man do PP, un partido que deixou para, en xuño do 2006, formar Inependientes por Laxe. «Todo o que fago o fago por esta vila, por iso quero ser libre á hora de tomar decisións e que ningún partido diga o que teño que votar ou non», explica López Añón para deixar claro que está moi a gusto na súa propia formación.

-Ten liberdade, pero non o apoio dun gran partido.

-Claro, o non formar parte dun partido grande implica ter que traballar moito máis con moito menos. No noso caso somos coma unha gran familia e o levamos moi ben, pero é certo que ás veces botamos de menos a maquinaria dos grandes partidos.

-Pero tivo a posibilidade de regresar ao Partido Popular.

-Falouse do tema, si, pero ao final decidimos seguir solos e continuar co que empezamos no 2006. No seu día marchei porque non quería plegarme ao que me dicían dende órganos superiores, porque o meu voto non podían decidilo outros, xa que o meu obxectivo era apoiar todo aquilo que beneficiase a Laxe, viñera de onde viñera. Por iso nestes catro anos houbo cousas que presentou o PSOE que eu apoie, porque vía que eran boas para o meu pobo. Estar nun partido idependente permítenos ser libres e iso é o importante.

-Incluso poderían ser a chave do próximo goberno.

-Pero nós non queremos ser chave, senón gobernar Laxe. Nós non estamos dispostos a darlle o goberno a ninguén o que queremos, chegado o caso, é que o alcalde sexa un idependente. Os nosos votantes teñen tanto dereito como os demais.

-¿É difícil facer unha lista nunha localidade pequena?

-É moi difícil, é algo realmente complicado, pero non porque non haxa xente disposta a vir con nós, senón porque hai que cumprir a lei da paridade e iso nun sitio pequeno coma Laxe pode ser case imposible. Poucas mulleres queren meterse en política, pero é obrigatorio, así que hai que esforzarse moito. Ademais, no noso caso queriamos xente nova, porque queremos que veñan para quedarse, xa que estamos convencidos de que haberá un alcalde independente.

Hai que pórse no sitio do paciente

En contra

Parellas de feito

A favor

Non importa o sexo se o amor é puro

Aborto

En contra

En contra

En contra

En contra

A favor

Só se teñen contrato

Cocido galego / Carne á pedra

Lamprea

Pago de Carraovejas

Viño tinto

Parapeto (santiaguiño)

Raia

Audi A4

Catro pitillos ao ano

O Xallas (foi presidente catro anos), Laxe e Dépor

Fotografía

Cervantes

O Quixote

Nothing Hill

Picasso

Robert de Niro

Julia Roberts

Joaquín Sabina

Balada romántica

Informativos e El club de la comedia

Florencia